Subvencións para o mantemento e impulso da actividade económica no termo municipal da Coruña pola Covid-19
O plan municipal do Concello da Coruña aproba unha achega de 6.235.000 € en axudas para o mantemento da actividade, fomento do emprego e a transformación dixital.
BENEFICIARIOS:
As persoas autónomas e pequenas empresas poderán pedir ata un máximo de 6.200 euros. Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención que poñan en marcha outras administracións ou entidades públicas ou privadas.
REQUISITOS:
- Que radiquen no termo municipal da Coruña.
- Que estivesen de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional correspondente e que sexan titulares dunha actividade económica ou profesional, con anterioridade á declaración do estado de alarma
- Que teñan xustificadas as subvencións anteriormente concedidas polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.
- Que se atopen ao corrente no cumprimento dos deberes tributarios coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello da Coruña.
- Exclusivamente para a totalidade dos conceptos da liña 1 (Subvención para gastos correntes (Apoio e mantemento da actividade económica), ter recoñecida pola entidade correspondente a prestación extraordinaria por cesamento de actividade regulada no artigo 17 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da Covid-19, e que esta non fose
- Os demais contemplados na Lei xeral de subvencións e demais normas de aplicación.
LIÑAS SUBVENCIONABLES:
Liña 1.A. Subvención para gastos correntes (Apoio e mantemento da actividade económica). A cota correspondente ao réxime especial de traballadores autónomos, ou de mutualidade de colexio profesional correspondente tomando como referencia a base mínima de cotización Máximo de 6 cotas, de xullo a decembro, ao 100%.
Línea 1.B Ayudas dirigidas a sufragar alquileres de locales comerciales, de hostelería o del sector servicios. Son subvencionables los gastos en alquiler de locales comerciales, de hostelería o del sector servicios afectos exclusivamente a una actividad económica y que se encuentren ubicados en el término municipal de A Coruña, entre los meses de marzo a diciembre de 2020.
Liña 1.C Subvención a autónomos e micropymes para o pago de intereses, por operacións subscritas a partir do 18 de marzo. A contía da subvención será o 75% do abonado exclusivamente en concepto de intereses, cun límite de 600,00 € por persoa beneficiaria.
Liña 1.D Programa de incentivos á contratación de persoal
Liña 2.A. medidas de prevención ou contención fronte á Covid-19. Axudas a gastos de adaptación, acondicionamento de comercios, hostalería e outras empresas.
Liña 2.B. Axudas á Transformación Dixital de autónomos e micropymes. Subvencionables os gastos de investimento na transformación dixital de autónomos e micropymes, cun máximo do 75 por 100 do gasto realizado. O investimento debe haberse realizado entre o 14 de marzo ata o 30 de novembro de 2020.
Trámitala connosco
Prazo de presentación é : 06/07/2020 – 15/09/2020.
¡OLLO! Concesión por orde de entrada.