Un mundo cambiante esixe unha ESTRATEXIA adaptada
Ola a todos!
Hoxe empeza unha nova época. Si xa antes desta crise sanitaria xa o tiña claro, o COVID-19 non fixo máis que reforzar a miña idea de que é responsabilidade individual a través dun sistema de crenzas propio cultivar e crear un proxecto cara á liberdade.
Isto implica compromiso en longo prazo e o difícil reto da sustentabilidade. Un desafío, sen dúbida complicado para os tempos que corren no que todo está revolucionado; o social, o económico, ambiental e tecnolóxico, e onde o único que permanece constante é o cambio rápido e a incertidume. Non é a primeira vez que escoito en máis dunha conferencia ou Webinar o novo termo «VUCA» que se aplica aos escenarios do mundo globalizado:
Contornas volátiles, incertos, complexos e ambiguos.
O deseño do plan
Definición de liñas sólidas onde a sinxeleza impere.
- Valores (liderado, relacións de confianza, talento e orgullo de pertenza)
- Aspiracións (progresivas en desenvolvemento)
- Actitudes (libres, positivas e optimistas)
- Comportamentos (priorización, xestión de recursos, automatización de procesos e eficiencia)
- Decisións (valentes e óptimas tras bos filtros no tráfico de datos)
- Resultados (que deixen transcendencia social e persoal abrindo a oportunidade a novos clientes)
Quixese agradecer o labor de dous autónomos, persoas que optaron tamén polo seu propio proxecto e que me axudou a darlle marca persoal a este espazo: Axencia Dixital Charrúa (Deseño web), Enfócache Branding (Fotografía) e Sofía Arangüena (apoio Copywriting).
Os blogs son unha das maiores fontes de información en Internet e desde XF Asesores tentaremos xerar bo contido, probablemente o que nos xurda no día a día. Porque somos máis amigos do Inbound Marketing en relación a mellorar o posicionamento orgánico.
É imposible adiviñar o futuro, pero sen dúbida a mellor maneira de predicilo é crealo.
Xabi Fernández.