II PLAN DE RESCATE: Programa de Axudas AUTONÓMICAS a negocios de hostalería

Si algo nos afixemos nestes últimos tempos de tanta incertidume é á espera de publicacións oficiais das Administracións Estatais, Autonómicas e Locais coas respectivas medidas tanto económica como sociais que nos afectan directamente á vida cotiá: confinamentos domiciliarios, restricións á mobilidade, peches perimetrais, toques de queda, limitación de reunións sociais e máis medidas de protección sanitarias que sendo sinceros téñennos que ter un pouco fartos e saturados.

Tras incontables reunións de dirixentes políticos estivemos atentos a BOE’s, DOGA’s (no noso caso Galicia) e outras publicacións cuxa posterior interpretación foi fundamental para nós para poder axudar e asesorar aos nosos clientes.

  • Expediente de Regulación Temporal de Emprego. (ERTE’s) onde o goberno cobre o salario e cotas dos
  • Cesamentos de actividade (prestación extraordinaria dos autónomos).
  • Liñas de Créditos e préstamos de carácter financeiro (ICO’s).
  • Restricións
  • Programas de axudas

Todas estás ferramentas tentan amortecer as devastadoras consecuencias da pandemia na economía constituíndo axudas directas para autónomos ou pemes por algunha das súas dúas vías; xa sexa pola vía de redución do gasto ou custo, como son os soldos dos traballadores e as cotizacións á seguridade social dos empregados en ERTE, ou pola vía do ingreso, o seu aumento mediante a transferencia de axudas directas ás contas bancaria do empresario.

Medidas que segundo o seu ciclo temporal no que están vixentes tentan salvagardar o mantemento do emprego e como é o caso das que falaremos a continuación neste artigo incidir sobre a solvencia do balance das empresas mediante inxeccións de diñeiro.

Programa I de apoio ao sector Hostalería (TR500C)

12 millóns de euros con cargo aplicación orzamentaria do ano 2021 a repartir en concorrencia non competitiva entre persoas traballadoras autónomas, persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as micropymes calquera que sexa a súa forma xurídica que pertenzan ao sector hostalería en Galicia e que se vexan afectados o peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias nalgunha das súas ordes que tiveron lugar no mes de xaneiro 2021.

Importe das axudas:

  • 1.900€ para os establecementos cerrados desde o 27 de xaneiro de 2021.
  • 2.200€ para os establecementos cerrados desde o 21 de xaneiro de 2021.
  • Os establecementos cerrados, en virtude de dúas ou máis ordes das comprendidas entre o 4 e 26 de xaneiro percibirán unha axuda única de 2.700€.

Esta axuda é aplicable tamén para o caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamento afectados polo peche do concello no que se sitúen, ditados por autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta nas ordes e decretos que se relacionan.

Programa II Outras actividades cerradas (TR500D)

3 millóns de euros con cargo aplicación orzamentaria do ano 2021 para o resto de actividades afectadas polo peche fóra da hostalería. Mesmas características que a axuda anterior.

Prazo de presentación de ambos os programas: Un mes desde a data de publicación (23 de febreiro), é dicir, 23 de marzo de 2021.

Axuda para a adquisición de elementos de envasado e embalaxe para o servizo de consumo en domicilio

Cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 con partida orzamentaria para o ano 2021. As entidades beneficiarias serán pemes cun centro de traballo en Galicia dentro do sector da hostalería e restauración.

Obxecto de apoio: material de envasado e embalaxe para un transporte de en condicións de idoneidade e sustentabilidade.

Conceptos subvencionables: gastos e investimentos realizados entre o 1 de outubro de 2020 e a data límite de execución establecida: o 31 de outubro de 2021. Todos os elementos do packaging deberán ser 100% biodegradables. No caso de ser de plástico, deberán ser compostable, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000

Contía das axudas: a contía da axuda será do 80% dos conceptos subvencionables cun investimento mínimo por solicitude de 1.500€. Sendo o investimento máximo subvencionable de 4.000€.

A natureza desta subvención xustifica realizar pagos anticipados que suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á mesma de ata un 50% da subvención concedida.

Prazo de presentación: desde o día seguinte á publicación da convocatoria (3 de decembro de 2020) ata 28 de febreiro de 2021.

Comparte

Artígos relacionados.