Programa I (TR400B) e Programa II (TR400C) para o mantemento de emprego de micropymes galegas
Si fai un par de semanas anunciabamos axudas directas a empresas afectadas polas medidas impostas polo goberno e a súa consecuente paralización da actividade. Agora toca presentarchas e axudarche a xestionalas:
Desde o 28 de novembro ata o 28 de decembro, salvo esgotamento do crédito.
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. ORDE DE ENTRADA.
Axuda en réxime de mínimis.
Axudar a persoas traballadoras autónomas con persoal contratado, micropymes e excepcionalmente pemes que desenvolven a súa actividade nos sectores especialmente paralizados pola COVID-19
Autónomos con persoal contratado, microempresas e Pemes, só si son dos sectores especialmente paralizados, que cumpran todos estes requisitos:
- Domicilio Fiscal en Galicia.
Que teñan ou autorizasen un expediente de regulación temporal de emprego polo Coronavirus desde a declaración do Estado de alarma.
Que a facturación haxa baixado polo menos o 45 % no ano 2020 realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e o tres primeiros trimestres do ano 2020.
Entenderase como Sectores especialmente afectados e por tanto poderán solicitar a subvención tamén PEMES as pertencentes aos seguintes sectores:
Lecer Nocturno: establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, café-concerto, café-teatro, café-cantante, taboado flamenco, cafés categoría especial, karaokes ou todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores, pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan, conforme ao disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.
Ámbito das atraccións de feira: que se trate de actividades nos que non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.
Transporte por taxi CNAE 4932.
Transporte marítimo de pasaxeiros CNAE 5010.
Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores CNAE 5030.
Provisión de comidas preparadas para eventos CNAE 5621.
Actividades de exhibición cinematográfica CNAE 5914.
Actividades das axencias de viaxes CNAE 7911.
Actividades dos operadores turísticos CNAE 7912 e outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos CNAE 7990.
Organización de convencións e feiras de mostras CNAE 8230.
Artes escénicas CNAE 9001 e actividades auxiliares ás artes escénicas CNAE 9002.
Xestión de salas de espectáculos CNAE 9004.
Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos CNAE 9321 e outras actividades recreativas e de entretemento CNAE 9329.
– 4.000 € para Autónomos con Traballadores ao seu cargo e Micropymes.
– 5.000 € para Autónomos con Traballadores ao seu cargo, Micropymes e Pemes que formen parte da actividade especialmente paralizada.
O pago da Axuda económica realizarase en dous prazos:
- O 50 % do importe da axuda no momento da resolución de concesión da axuda, este pago ten carácter de pago anticipado.
- O 50 % restante do importe da axuda no mes de xaneiro, despois da comprobación de que cumpre os requisitos.
As axudas previstas nesta orde serán compatibles coa axuda TR400C e as demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas.
Desde o 28 de novembro ata o 28 de decembro, salvo esgotamento do crédito.
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. ORDE DE ENTRADA.
Axuda en réxime de mínimis.
Apoiar ás persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da Hostalería e que se vexan afectadas o peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.
Autónomos persoa física ou con persoal contratado, micropymes e pemes do Sector da Hostalería incluíndo os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos que cumpran estes requisitos:
- Domicilio Fiscal en Galicia.
- Estar afectado os supostos de peche do establecemento (enténdese como peche ter cerrada a actividade durante un mínimo de dúas semanas. Entenderase que está afectada o peche aquela actividade económica que non permita o consumo dos clientes dentro do establecemento ou nas terrazas do mesmo) ou de peche perimetral do concello nos que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan:
Orde da Consellería de Sanidade do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense (DOG núm. 203-Bis, do 7 de outubro).
Orde da Consellería de Sanidade, do 4 de novembro de 2020, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 223-Bis, do 4 de novembro).
Orde da Consellería de Sanidade, do 8 de novembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-Bis, do 13 de novembro).
Orde da Consellería de Sanidade, do 13 de novembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-Bis, do 13 de novembro).
Calquera outra orde ou disposición ditada pola autoridade sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia ata o final do prazo de solicitudes
As modalidades de contía serán dúas:
- A axuda por establecemento será de 1.500 € por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750 €.
- No caso dos establecementos que ocupen a 10 persoas traballadoras ou máis de 10 percibirán a cantidade de 2.000 € por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 1.000 €.
As axudas serán por establecemento paralizado podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda. Para o cálculo das semanas cerradas, terase en conta o tempo que estivo nesa situación ata o momento da presentación da solicitude de axuda.
As axudas previstas nesta orde serán compatibles coa axuda TR400B e as demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas.