Plan de reactivación económica e social dá Coruña (PRESCO)

Subvencións para o mantemento e impulso da actividade económica no termo municipal da Coruña pola Covid-19

O plan municipal do Concello da Coruña aproba unha achega de 6.235.000 € en axudas para o mantemento da actividade, fomento do emprego e a transformación dixital. 

BENEFICIARIOS:

 

As persoas autónomas e pequenas empresas poderán pedir ata un máximo de 6.200 euros. Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención que poñan en marcha outras administracións ou entidades públicas ou privadas.

REQUISITOS:

 

  1. Que radiquen no termo municipal da Coruña.
  2. Que estivesen de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional correspondente e que sexan titulares dunha actividade económica ou profesional, con anterioridade á declaración do estado de alarma
  3. Que teñan xustificadas as subvencións anteriormente concedidas polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.
  4. Que se atopen ao corrente no cumprimento dos deberes tributarios coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello da Coruña.
  5. Exclusivamente para a totalidade dos conceptos da liña 1 (Subvención para gastos correntes (Apoio e mantemento da actividade económica), ter recoñecida pola entidade correspondente a prestación extraordinaria por cesamento de actividade regulada no artigo 17 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da Covid-19, e que esta non fose
  6. Os demais contemplados na Lei xeral de subvencións e demais normas de aplicación.

LIÑAS SUBVENCIONABLES:


Liña 1.A. Subvención para gastos correntes (Apoio e mantemento da actividade económica). A cota correspondente ao réxime especial de traballadores autónomos, ou de mutualidade de colexio profesional correspondente tomando como referencia a base mínima de cotización Máximo de 6 cotas, de xullo a decembro, ao 100%. 

Línea 1.B Ayudas dirigidas a sufragar alquileres de locales comerciales, de hostelería o del sector servicios. Son subvencionables los gastos en alquiler de locales comerciales, de hostelería o del sector servicios afectos exclusivamente a una actividad económica y que se encuentren ubicados en el término municipal de A Coruña, entre los meses de marzo a diciembre de 2020.

Liña 1.C Subvención a autónomos e micropymes para o pago de intereses, por operacións subscritas a partir do 18 de marzo. A contía da subvención será o 75% do abonado exclusivamente en concepto de intereses, cun límite de 600,00 € por persoa beneficiaria.

Liña 1.D Programa de incentivos á contratación de persoal

Liña 2.A. medidas de prevención ou contención fronte á Covid-19. Axudas a gastos de adaptación, acondicionamento de comercios, hostalería e outras empresas.

Liña 2.B. Axudas á Transformación Dixital de autónomos e micropymes. Subvencionables os gastos de investimento na transformación dixital de autónomos e micropymes, cun máximo do 75 por 100 do gasto realizado. O investimento debe haberse realizado entre o 14 de marzo ata o 30 de novembro de 2020.

Trámitala connosco

Prazo de presentación é : 06/07/2020 – 15/09/2020.

¡OLLO! Concesión por orde de entrada.

 

Days
Hours
Minutes
Seconds

Comparte

Artígos relacionados.