Si hoxe en día segues sen saber o que é, !xa estás a tardar en decatarche!
O certificado dixital é o único medio que permite garantir técnica e legalmente a identidade dunha persoa en Internet. Trátase dun requisito indispensable para que as institucións poidan ofrecer servizos seguros a través de Internet.
¿Como se tramita?
Aínda que a primeira vista poida parecer algo complexo, é bastante sinxelo. Necesitas entender ben as instrucións de Fabrícaa Nacional de Moeda e Timbre. O órgano encardo de tramitalo:
- Configuración previa do navegador en cuestións de seguridade. (É imprescindible utilizar sempre o mesmo ordenador e navegador durante todo o proceso).
- Obtención do Código de solicitude (necesario DNI e e-mail).
- Cita previa nalgún dos organismos dentro da rede de oficinas de Acreditación da entidade dispoñibles no territorio nacional.
- Descarga do certificado de Usuario e posterior instalación no PC de uso.
Si tes dúbidas consúltanos!
¿Para que o utilizamos?
É a nosa ferramenta de comunicación coas administracións públicas locais, rexionais e estatais. Permítenos acceder aos portais de datos fiscais e laborais das persoas físicas ou xurídicas.
Entre outras cousas utilizámolo para:
- Notificacións das distintas administracións públicas.
- Seguimento e consulta de expedientes.
- Consulta de modelos xa presentados (historial de modelos).
- Contestación a requirimentos.
- Consulta e pago de débedas.
- Emisión de informes e certificados.
- Solicitude de subvencións.
Outros ámbitos
- Sanitario
- Firma de PDF’s
- Acceso a facturas recibidas de empresas privadas (E-factura ou factura electrónica).
- Servizo público de emprego.
Nas asesorías co fin de garantir a túa seguridade asinamos unha autorización para operar no teu nome.