Liñas de axudas para mulleres emprendedoras e empresarias galegas

Conxunto de axudas dirixidas a apoiar as iniciativas empresariais constituídas por mulleres

Ultimas semanas para presentar as subvencións promovidas pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia tramitada en réxime de concorrencia competitiva.

A resolución recolle as seguintes liñas:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

b) Liña Innova: liña de axudas económicas para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.

c) Liña Activa: liña de axudas económicas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa supervivencia.

d) Liña ITEF: liña de axudas económicas para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

e) Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Sen tempo para o procedemento? Contacta connosco para conseguir a súa concesión!

O prazo de presentación é tan só dun MES : 06/07/2020 – 06/08/2020

Days
Hours
Minutes
Seconds

Comparte

Artígos relacionados.