Asesoría Fiscal e Laboral na Coruña.

Ofrecemos servizos de asesoramento fiscal, laboral, contable, económico e financeiro.

Axudamos a autónomos, empresas e particulares a crecer nos seus negocios.

XF asesores nace tras detectar a escaseza dun asesoramento próximo, personalizado, amable e tecnolóxico para persoas que queren ter de man un apoio de confianza.

Para iso, nós damos ese trato que todo proxecto empresarial necesita coa intención de axudarche a tomar decisións, quitarche carga e facer do teu soño unha travesía máis agradable, segura e satisfactoria.

“O que non se define non se pode medir, o que non se mide, non se pode mellorar. O que non se mellora, degrádase sempre”

WILLIAM THOMSON KELVIN

Físico e matemático británico

Servizos.

Consultas e asesoramento

Asistencia en materia contable e fiscal relacionada coa túa actividade profesional ou empresarial, co fin de que poidas realizar e executar o cumprimento das túas obrigacións conforme a normativa legal vixente.

Presentación de impostos

Confección de modelos das declaracións tributarias legalmente esixibles por razón de actividade empresarial ou profesional.

Apertura de libros contables

Tratamento da información sobre a realidade económica-financeira do cliente mediante procedementos informáticos, aplicando os criterios contables xeralmente aceptados.

Proxectos económicos

Subministración da información útil ao cliente como lle sexa precisa. Reunións necesarias para a correcta toma de decisións, polo menos respecto dunha situación financeira nun momento dado para efectuar estimacións sobre o futuro.

Somos Confianza

Artigos útiles.