Desde o 1 de abril deste 2020 xa é posible presentar de maneira telemática a declaración-liquidación dun dos impostos, o máis importante a nivel recadatorio en España: o Imposto sobre Renda das persoas Físicas (IRPF).
No ano 2018 recadáronse 82.859 millóns de euros que supoñen unha porcentaxe dun 39% do total dos 208.685 millóns de euros recadados segundo fonte propia da Axencia Tributaria no seu informe anual de recadación.
O máis importante que hai que saber sobre esta obrigación tributaria é que vira ao redor dunha ÚNICA IDEA:
"Forma ou capacidade de contribuír ao sostemento dos gastos da Administración dunha persoa física (contribuínte) manifestada pola obtención de renda"
Algunhas curiosidades do imposto
- É por tanto xunto co IVE e o IS una das fontes de ingresos máis importante para o País.
- Os Orzamentos Xerais do Estado exercen unha gran influencia na normativa do IRPF.
- A súa lexislación estea en continuo cambio en relación á estimación de ingresos do goberno.
- Cesión Parcial ás comunidades Autónoma como consecuencia do seu sistema de financiamento.
- Recoñecemento ás CCAA de certa capacidade normativa nalgunhas materias como o mínimo persoal ou familiar aplicable, a escala autonómica da base liquidable xeral e deducións.
- Exceptuando aos réximes tributarios forais (Navarra e territorios históricos do País Vasco), onde cada Deputación Foral (Álava, Guipuzcoa, Biscaia e Navarra) ten competencia normativa non compartida co Estado realizando en exclusiva a xestión deste imposto.
Algúns consellos
- Si has obtido rendas no período comprendido entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2019, momento do pagamento do imposto. Accede aos teus datos fiscais que poderás obter da propia Axencia Tributaria.
- Si hai algo que non entendas contacta co teu asesor de confianza a revisión dos teus datos fiscais e a conseguinte xeración do borrador cunha análise a fondo no teu beneficio.
- No caso de que o borrador salga a devolver. Declara o imposto canto antes pois canto antes este presentada máis rápido sera o proceso de tramitación do importe do teu diñeiro adiantado Facenda nas retencións.
Campaña Renda 2019