Apoio autónomos nas distintas modalidades de cesamento de actividade derivadas da pandemia

Consultas sobre as distintas modalidades

Durante esta segunda extensión da crise sanitaria derivada do virus Covid-19, o pasado mes de outubro o goberno estendeu a catro as modalidades de axudas por cesamento de actividade que cobren diferentes circunstancias nas que se poderían atopar os autónomos nos próximos meses.

Poden acceder a un total de tres prestacións extraordinarias: para autónomos de tempada, en tarifa plana e que se viron obrigados a cerrar o negocio.

Ademais, tamén se estendeu a Prestación Ordinaria Extraordinaria por cesamento de actividade (POECATA), que é compatible co desenvolvemento do negocio e que vai dirixida a aqueles autónomos que prevexan grandes caídas na facturación durante o cuarto trimestre de 2020. Neste último caso, Aínda que o autónomo acceda a estas axudas tan só cunha declaración responsable, a partir de marzo terá que acreditar unha redución da facturación durante o cuarto trimestre de 2020 de, polo menos, o 75% en relación co mesmo período do ano 2019, así como non obter durante o cuarto trimestre de 2020 uns rendementos netos superiores a 5.818,75€ ao trimestre.

A medida estará en vigor ata o próximo 31 de xaneiro, pero ollo, cada unha das modalidades de cesamento de actividade contan con diferentes prazos de solicitude e períodos nos que o traballador por conta propia ten dereito a cobrar a prestación.

Si has visto duramente afectadas as túas vendas ou che obrigou a cerrar o negocio contáctar por medio deste formulario e axudámosche a xestionala a través da túa mutua colaboradora coa seguridade social.

Comparte

Artígos relacionados.