Os seres humanos adoitamos funcionar por COMPARACIÓN. Observamos de fóra cara a dentro, absorbendo e recompilando toda esa información da nosa contorna para analizala e interpretala. En base á nosa obtención de conclusións xa sexan rápidas (impulsivas) ou lentas (reflexivas) adoitamos tomar decisións para achegarnos aos nosos obxectivos a través da acción nas áreas que consideremos necesarias. Mais, como podemos identificar datos relevantes que nos axuden a perfilar os obxectivos?
Unha ferramenta crave, fácil, sinxela e útil son as porcentaxes verticais e horizontais de estados financeiros, é dicir, unha análise porcentual dos datos en Balances de Situación e en Contas de Perdas e Ganancias da actividade económica en cuestión. Estas porcentaxes axúdannos a sentir a estrutura e distribución porcentual da empresa.
Os verticais axúdannos a comparar a situación da empresa respecto doutra empresa do seu sector, é dicir, a estrutura da competencia. E os horizontais axúdannos a comparar nosa propia situación respecto doutro ciclo ou momento do tempo. Imos debullalo!
PORCENTAXES VERTICAIS
Calcúlase o peso relativo respecto dunha variable. O exemplo máis común é sobre as variable vendas. Pero podemos tomar como referencia a que máis nos interese para tentar explicar un comportamento da organización. Observamos a seguinte táboa:
Análise de variables | Ano 2020 | % Vertical |
Vendas | 100.000€ | 100% |
Custos de persoal | 40.000€ | 40% |
Custo de Vendas (Compras) | 50.000€ | 50% |
Alugueres | 1.000€ | 1% |
Gastos de Marketing | 800€ | 0,8% |
Resultado do exercicio (antes de impostos) | 8.200€ | 8,2% |
Nela podemos concluír o custo dos empregados é dun 40% con respecto ás vendas ou a marxe de contribución é dun 50% que non é outra cousa que a marxe que se lle saca ao produto sen considerar os custos fixos da actividade.
PORCENTAXES HORIZONTAIS
Son a variabilidade destas porcentaxes co paso do tempo. No mundo actual no que vivimos de cando en cando mantéñense constantes. Por tanto móstrannos o que cambiaron ao longo dun mes, un trimestre ou dun ano a outro. É dicir, “A EVOLUCIÓN” do noso proxecto no tempo: crecemento, recesión, estancamento, constancia, etc
Variable | 2018 | 2019 | 2020 |
Vendas | 100 | 115 | 130 |
Activos | 140 | 120 | 100 |
Crecemiento | 0% | 15% | 30% |
Así de sinxelo.
É moi importante que o voso asesor ou persoa de confianza conte co deseño dun bo sistema de ferramentas que faciliten obter estes datos. Que poden ser moi importantes de cara a diversas situacións, como defender requirimentos da administración, a xustificación de despedimentos ou a solicitude de axudas económicas en situacións de crises como a que estamos a vivir na actualidade.
Como conclusión final comentar que unha empresa que coide e mellore os seus cocientes (o nome que lle deamos a estas porcentaxes) é o equivalente a un corpo san cun bo sistema de defensas antes de enfermar. No caso da economía a empresa terá vantaxes sobre os seus competidores para vencer as adversidades externas que lle presente o mercado.